Embaixadores e Embaixadoras AESS 2020
A Estrada precisa da túa organización
Apúntate á selección de embaixadores e embaixadoras de AESS 2020!
A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020), proxecto cofinanciado nun 80% mediante o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, é o marco de actuación estratéxico para o desenvolvemento social, ambiental e económico da nosa vila durante os próximos anos a través de 4 vectores estratéxicos:
 |
 |
A Estrada Intelixente | A Estrada Eficiente |
 |
 |
A Estrada Verde | A Estrada para Todos |
Se es representante dalgunha organización social con interese en ser embaixadora da estratexia AESS 2020 e implicarte de forma activa na súa execución e difusión, so tes que cubrir o formulario que figura de seguido.
Neste formulario ofréceseche a posibilidade de engadir un enlace a un vídeo de Youtube no que detallar en maior medida a contribución que consideras pode facer a túa organización a AESS 2020.
Sobre que aspectos tes que reflexionar?
Que función social cumple a túa organización na Estrada?
Que faría a túa organización para impulsar AESS 2020?
Á vista da temática dos vectores estratéxicos definidos en AESS 2020, que actuacións consideras indispensables ou máis prioritarias?
Que tes que facer para participar?
1. Entra en www.aess2020.gal e rexistra os datos da túa organización
2. Revisa as preguntas e pensa sobre o que podes facer por AESS 2020. A vosa implicación é indispensable!
3. Responde ás preguntas cun breve texto ou mediante un video na plataforma Youtube e engade un enlace ao mesmo no formulario. Destaca a contribución que podes facer a AESS 2020 para chegar a ser embaixador ou embaixadoras
4. Difunde esta iniciativa entre outras organizacións da Estrada
Que gaña a túa organización por ser Embaixadora de AESS 2020?

Recoñecemento social coma embaixadora de AESS 2020

Poderá contribuir de primeira man no desenvolvemento da súa vila, axudando a definir a senda a seguir nos próximos anos

Participará de forma activa na posta en marcha de AESS 2020 xunto cos seus órganos de xestión
En marzo de 2017 seleccionaranse, de entre todas as organizacións interesadas, os Embaixadores AESS 2020.
Formulario para a selección de Embaixadores AESS 2020: