Conselleir@s cidadans AESS 2020


A Estrada precisa da túa colaboración

Trasládanos a túa idea!


Embaixadores AESS 2020
A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020), proxecto cofinanciado nun 80% mediante o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, é o marco de actuación estratéxico para o desenvolvemento social, ambiental e económico da nosa vila durante os próximos anos a través de 4 vectores estratéxicos:

A Estrada Intelixente

A Estrada Eficiente

A Estrada Verde

A Estrada para Todos


Calquer cidadán pode facer a súa contribución a AESS 2020, so tes que cubrir o formulario que figura de seguido. Neste formulario ofréceseche a posibilidade de trasladar aos órganos de xestión, supervisión e seguemento de AESS 2020 as túas suxerencias.

Que tes que facer?


1. Entra en www.aess2020.gal
2. Revisa a información dispoñible sobre AESS 2020 para ter unha idea sobre os ámbitos de actuación
3. Identifica aquelas necesidades por cubrir, actuacións ou consellos xerais que te veñan á mente
4. Difunde esta iniciativa entre outras persoas da Estrada

Este formulario manterase activo de forma permanente ata o peche do proxecto. Periodicamente publicarase, de forma anónima, un resumo das contribucións máis relevantes.

Formulario para trasladar ideas para a mellora de AESS 2020:


Nome:
Enderezo electrónico:
Selecciona a categoría:
Describe a túa idea: